Encrucillada no Colón (A Coruña)

O próximo 26 de xaneiro, actuamos na casa. É unha ocasión especial, pois estaremos no prestixioso Teatro Colón, dentro do marco do ciclo “Folk no Colón”, presentando o noso libro-disco “Luar na Lubre. XX Encrucillada”. O Colón é un lugar emblemático que sempre nos acolle con agarimo e promete unha experiencia musical excepcional e inesquecible.

Estamos preparando un espectáculo cargado de emoción e vitalidade, no que non faltarán sorpresas e momentos singulares que só se poderán vivir en directo. É unha oportunidade para vivir unha experiencia musical exclusiva, mergullándonos no noso universo sonoro e poético. A vosa presenza é crucial para facer desta velada unha celebración compartida, nunha noite de fonda conexión coa nosa música.

A enerxía que se crea no Colón é inigualable e estamos ansiosos por compartila con tod@s vós!.