Luar na Lubre
Luar na Lubre - 30 Aniversario
Hai un paraiso Volver (WARNER 2004)

04 Memoria da noite


Canto da dor de Luar na Lubre trala catástrofe de aquel petrolerio que vomitaba insignificante “hilillos” de fuel, segundo ol diagnóstico da imperturbable clase dirixente. Bieito Romero escribiu unha melodía fermosa e triste para remitirlla a Xabier Cordal, insigne poeta e compañeiro de risas e viños durante moitas tardes polo vello casco histórico coruñés. O resultado, lonxe de calquiera tentación panfletaria, é esta fermosa canción de amor baixo os designios dese mar que fascina, intimida e da alimento a todo un pobo.

Madrugada, o porto adormeceu, amor,
a lúa abanea sobre as ondas
piso espellos antes de que saia o sol
na noite gardei a túa memoria.

Perderei outra vez a vida
cando rompa a luz nos cons,
perderei o día que aprendín a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar,
perderei o día que aprendín a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar.

Veu o loito antes de vir o rumor,
levouno a marea baixo a sombra.
Barcos negros sulcan a mañá sen voz,
as redes baleiras, sen gaivotas.

E dirán, contarán mentiras
para ofrecerllas ao Patrón:
quererán pechar cunhas moedas, quizais,
os teus ollos abertos sobre o mar,
quererán pechar cunhas moedas, quizais,
os teus ollos abertos sobre o mar.

Madrugada, o porto despertou, amor,
o reloxo do bar quedou varado
na costeira muda da desolación.
Non imos esquecer, nin perdoalo.

Volverei, volverei á vida
cando rompa a luz nos cons
porque nós arrancamos todo o orgullo do mar,
non nos afundiremos nunca máis
que na túa memoria xa non hai volta atrás:
non nos humillaredes NUNCA MÁIS.

 

Aviso legal © by Abertal