Luar na Lubre
Luar na Lubre - 30 Aniversario
Saudade Volver (WARNER 2005)

01 Desterro

(Miro Casabella)


Tema feito no ano 1966 por Miro Casabella do cal el di:"Eran uns anos cheos de tristura para min, lonxe da casa e da terra, sentíame como nun desterro do que sempre quería fuxir. Anos duros, faltos de liberdade e cunha lingua e cultura marxinada e sometida.
Só as cancións como un paxariño me achegaban á miña querida terra".

corre, voa o paxariño
levalle o meu corazón
pendorado no biquiño
dille que eu seu fillo son

corre, voa o paxariño
levalle o meu corazón
pendorado no biquiño
dille que eu seu fillo son

dille que eu quero volver
e de novo nas túas rías
nalgun espello me ver
quero outear as campiñas
arrencender teus airiños
antes que poida morrer

corre, voa o paxariño
levalle o meu corazón
pendorado no biquiño
dille que eu seu fillo son

dille que eu quero voltar
e de novo nas tuas rías
as maus e ialma a lavar
quero voltar branca flor
que neste desterro maldito
estou morrendo de amor

corre, voa o paxariño
levalle o meu corazón
pendorado no biquiño
dille que eu seu fillo son
dille que eu seu fillo son
dille que eu seu fillo son

 

Aviso legal © by Abertal