(( Descargar audio ))

Premer nas imaxes pra velas ampliadas ou aqui para descargalas todas

(autor das fotografías: Isidro Cea)
toda

 







 



 

 

 

PAULA REY,  NOVA VOCALISTA DE LUAR NA LUBRE

 

            Paula Rey Torreiro, nova vocalista de Luar Na Lubre, naceu en A Coruña hai 30 anos. Estudou canto no Conservatorio Profesional nº2 de Valencia, e Maxisterio por Ed.Musical na Universidade de Santiago de Compostela. É Diplomada na especialidade de Educación Musical pola Universidade de Santiago de Compostela. Conta cun Máster de Logopedia - Rehabilitación dos trastornos da linguaxe e da fala, pola Universidade Vic de Barcelona i está colexiada polo Colexio de Logopedas do País Vasco. Neste ámbito, Paula desenrolou diversas experiencias entre nas que se atopa a rehabilitación de doentes con dano celebral a modo particular, ou a súa función como educadora de música, inglés i estimulación da linguaxe no “Espacio Educativo Arkhé” en A Coruña.
Durante varios anos, Paula compaxina a súa formación en numerosos cursos i encontros de canto coa súa experiencia profesional. Estudou un ano en Austria coa profesora catedrática da Escola de Canto de Viena Helena Lazarska. Así como tamén fixo cursos coa profesora de Canto do Conservatorio superior de Valencia Ana Luisa Chova, na Universidade do País Vasco, entre outros moitos.
            Na súa labor docente,  asume a Dirección  Coral de La Unión Democrática de Jubilados de Moncada en Valencia durante o curso 2006-2007. Ao tempo, exerce como Profesora de Coro Infantil na Escola de Música “Sociedad Musical de Poblados Marítimos” en Valencia durante o curso 2007-2008, Profesora de Coro Infantil na Escola de Música “Unió musical L’Eliana” en Valencia durante o curso 2007-2008 e Profesora de Canto na Escola de Música “Sociedad Musical de Poblados Marítimos” en Valencia durante o  curso 2007-2008.
           Paula, que ademáis de galego e castelán, fala alemán e desenvólvese perfectamente inglés, cantou como soprano no grupo vocal “Aisis” de A Coruña. Tamén como soprano intervén no Europa Chor Academie e no Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia. Foi  figurante e cantante do Coro de la Orquestra Sinfónica de Galicia nas óperas “Cosi fan tutte”, “La nozze di Figaro” e “Don Giovanni” de Mozart, e “Il turco in Italia” de Rossini, Festival Mozart de A Coruña.
            Igualmente como soprano,  participou  no Coro de cámara “Amalthea” de Valencia, no Coro Generalitat  de Valencia coa obra “Te Deum” de Cesar Cano ou no Coro da Catedral de Valencia, con proxectos como o Réquiem de Fauré. Por último, foi cantante de Duplo Son, grupo de fusión funky-latino de Galicia. Actualmente segue recibindo clases de mantemento e perfeccionamiento coa Profesora Doctorada Diana Somkhieva.

 

Máis información:
Maruchy Suárez
Tfno: +34 667706241

maruchy@mirmidon.es