gales

Pentalfa é unha iniciativa que xorde da necesidade de realizar música espontánea sen grandes despregamentos técnicos e que pretende ser efectiva e efectista en calquera circunstancia e contexto. Galicia é o núcleo de partida destes 5 músicos pertencentes a diferentes agrupacións, bandas e propostas musicais que sobre a música tradicional e medieval elaboran un concepto rotundo, eficiente e sinxelo para chegar directamente ao espectador. Pentalfa son os 5 ángulos dunha estrela, que neste caso é a música, e os cinco músicos son as puntas que sobresaen. Maxia e música a través dos sentidos, o cosmos e a terra nai.




+ info e contratación: maruchy@mirmidon.es








» Foto

Pentalfa: Músicas de Onte nos Tempos de Hoxe