Luar na Lubre
Luar na Lubre
TORRE DE BREOGHÁN Volver Un proxecto de Luar na Lubre coa Orquestra Sinfónica que musica as invasións galegas de Irlanda







Torre de Breoghán

Torre de Breoghán

MERCAR ENTRADAS AQUÍ


Luar na Lubre e a Orquestra Sinfónica de Galicia estrearán no Palacio da Ópera da Coruña os vindeiros días 21 e 22 de xuño o espectáculo de ‘Torre de Breogán’, un ambicioso proxecto que inclúe un espectacular directo que recrea unha ancestral historia épica con A Coruña, Galicia e Irlanda como protagonistas. Unha viaxe única a través da lenda dos Milesians a bordo dunha nave mecida pola música.

 

Para Bieito Romero, líder de Luar na Lubre trátase dun “soño cumprido, un proxecto inspirado na historia da nosa cidade cunha das mellores orquestras españolas e europeas. Trátase de ofrecer calidade a través da maridaxe de dous referentes galegos a nivel musical”. 

 

Este concerto xirará por España e por Europa con outras orquestras e terá unha versión CD, un filme dirixido por Jorge Coira e un libro con textos do poeta coruñés Xabier Cordal. Os arranxos corren a cargo do músico coruñés Nani García, a dirección musical a cargo de Diego García, a escenografía é cousa de Franc Aleu e o deseño das ilustracións, de Estefanía Cagigao. 

 

A ruta dos Milésians

 

Coma se dun marabilloso descubrimento arqueolóxico se tratase, o grupo folc Luar Na Lubre rescata un relato épico da cultura celta para dar forma a un espectáculo onde música e efectos visuais se funden nunha especial alquimia. ‘Torre de Breoghán’ será un acontecemento musical inédito, unha versión orquestrada do mellor da banda galega, coa Orquestra Sinfónica de Galicia como acompañante de luxo. 

 

A historia que narra está inspirada no libro Leabhar Ghabhala Eirean (Libro das Invasións), un documento excepcional recollido da tradición oral irlandesa e transcrito polos monxes cristiáns desta illa no século XI. Nel relátanse, por orde cronolóxica, as diferentes invasións que foron sucedéndose en Irlanda. A última delas é a dos Milesios, que desde a cidade de Brigantia (actual A Coruña) partiron cara á illa despois de que Ith, fillo do caudillo Breoghán e líder Milesio, a descubrise logo de divisala desde o alto da torre que leva o nome do seu pai, a Thor Breoghán, que podería ser a coñecida actualmente como Torre de Hércules. 

 

Guerreiros, embarcacións, druidas, feitizos... Torre de Breoghán será unha experiencia única e sobrecolledora, unha viaxe mítica para calquera amante da música e da cultura. Luar Na Lubre embárcase nunha nova aventura na súa constante aposta por situar a música folc na vangarda da escena musical contemporánea. 

 

Para máis información poden descargar o tríptico informativo do espectáculo.

 

 

Contacto prensa:

Torre de Breoghán (Luar na Lubre)

Rocio Castro

Comunicación

+34 699.945.778


Aviso legal Lista de correo © by Abertal